ASMR Altofalante Ecolóxico

40,00 IVE incl.

Categoría:

Descripción

Froito do traballo en equipo das empresas que traballamos directa ou indirectamente no espazo de coworking BenComún Espazo, en Allariz, nacen estes altafolantes deseñados polo prestixioso luthier Sabrafen, Luthier, fabricados en CNC Allariz con madeiras autóctonas galegas.
Este altofalante aproveita as superficies de apoio para amplificaren o son de forma eficiente e sen necesidade de fontes de alimentación.
Outro aliciente que incorporamos ao produto é a embalaxe reutilizable proporcionada por Esturirafi, unha bolsa de malla de algodón ecolóxico como alternativa ás bolsas de plásticos das froitarías.