Sobre o CNC
CNC Unha tecnoloxía ao servizo dos profesionais
O CNC (Control Numérico por Computador) é un sistema que permite controlar en todo momento a posición dun elemento físico, normalmente unha ferramenta, que está montada nunha máquina.
Isto conséguese mediante un programa e un conxunto de ordes engadidas. Así, pódense controlar as coordenadas de posición dun punto (a ferramenta que traballa o produto) respecto a unha orixe (a posición da máquina).
En poucas palabras, estamos a traballar cunha especie de GPS pero dunha precisión moito máis potente e aplicado ao mundo dos mecanizados.
CNC Allariz
Infinitas posibilidades
Os traballos CNC abren un abano infinito de posibilidades en corte, gravado, talla, modelado, perfilado, etc. en múltiples materiais.
Se ti tes unha idea, nós poñemos a máquina, a tecnoloxía e toda a nosa experiencia para darlle forma.
- V-Card. Cartelería, inscricións
- Perfilad. Figuras, modelos…
- Encaixado
- 3D a partir de ficheiro dixital
- Gravado. Debuxos, fotos…