Indicado para cartelería e inscricións. Tamén para certo tipo de debuxos e decoracións. As fresas son en V e teñen diferentes ángulos, o que permite variar a profundidade.

Usado principalmente para taboleiro e madeira. Pódese pintar o interior e cun lixado de superficie e vernizado conséguese un bonito contraste. Outra opción é pintar a peza previamente cunha cor que contraste coa cor natural e despois realizar o trazado, descubrindo a cor natural da peza.

Os vectores fan de límites e é necesario que estean pechados; por exemplo, se tivésemos unha circunferencia, realizariamos un “burato” con límite da circunferencia e profundidade dependendo do ángulo da fresa, a maior ángulo menor profundidade. Tamén se pode limitar a profundidade que queiramos conseguir deixando unha superficie “plana”, útil para materiais de pouco grosor.