Válido para realizar figuras e formas en distintos materiais. Ao non ser corte láser, estamos limitados ao diámetro da fresa, polo que non se poderían realizar esquinas interiores perfectas, que teriamos que rematar posteriormente a man, de ser necesario.

Por outro lado, este sistema permítenos traballar grosores maiores que o láser. Para realizar modelos (‘plantillas’) ou obxectos decorativos, ou realizar unha forma que doutra maneira nos resultaría moi laboriosa (guitarras, por exemplo).

A fresa segue o debuxo (con forma pechada) e pódeo facer por fóra da liña, por riba e por dentro, de maneira que podemos traballar a forma exterior dun obxecto ou extraer unha forma a un obxecto, o que nos permite realizar un baleirado.