Para incrustacións e ocos, principalmente, inda que se tamén se pode usar para realizar diferentes “pisos” exteriores ou interiores.

Úsase cando non queremos retirar o material ata o fondo da peza. Como no perfilado, dependemos do diámetro da fresa, polo que as esquinas ou arestas terán un pequeno redondeado.

A fresa percorre toda a superficie interior do debuxo, co que necesitamos superficies pechadas para traballar.