Cubre radiador embelecedor

CNC Allariz

Corte Numérico
por Computador

Fresado e corte en 2D e 3D nunha gran variedade de materiais, como madeira, plásticos, metacrilato ou metales non férricos.

Traballamosa partir de ficheiros DXF, DWG, SVG ou axudámosche a deseñar a túa idea.

Traballos de gravado láser.

Saber +
Cubre radiador embelecedor libraría

Ti pos a idea

Nós poñemos a solución Cartelería, inscricións, debuxos, decoración.
Figuras e formas en múltiples materiais.
Talla en 2D e 3D a partir de deseño dixital
Saber +
Guitarra Maruxa Sabrafén Luthier

CNC Allariz

Nin te imaxinas
o que podemos facer
contacta

Presuposto

Os nosos servizos CNC

Corte Numérico por Computador

Servizo de fresado e corte en 2D e 3D nunha gran variedade de materiais, como madeira, plásticos, metacrilato ou metais non férricos.

Tamén realizamos traballos de gravado láser (máx. 230 mm x 300 mm)

Que podemos facer?

V-Card

Para cartelería e inscricións. Tamén para certo tipo de debuxos e decoracións. As fresas son en V e teñen diferentes ángulos, o que permite variar a profundidade. Principalmente para taboleiro e madeira.

Ver +

Perfilado

Válido para figuras e formas en diferentes materiais. Permite traballar grosores maiores que o láser. Para modelos ou obxectos decorativos ou formas complexas -unha guitarra, por exemplo.

Ver +

Encaixado

Para incrustacións e ocos ou para realizar diferentes capas exteriores ou interiores. A fresa percorre toda a superficie interior do debuxo, polo que precisamos superficies pechadas para traballar.

Ver +

3D

Talla 3D. Precísase un deseño dixital en 3D. Interesante para baixorrelevos ou reconstrución de tallas en restauración.

Ver +

Gravado

Mediante o uso de fresas en “V” pódense realizar traballos de gravado sobre diferentes materiais a partir de debuxos ou fotos. O trazo pode ser realizado en ángulo ou en cruz.

Ver +

Tes unha idea, un proxecto?

Chámanos e falamos
988 68 01 06

Algunhas empresas para as que xa traballamos

Proxecto Financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER)

CARTEL SUBVENCION IGAPE SABRAFÉN CNC ALLARIZ